Thursday 02 de May de 2024

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, achegouse a Laxe para comprobar o vehículo cero emisións da brigada de obras


• Trenor foi recibido polo rexedor, José Luis Pérez Añón; polo concelleiro de Persoal, Obras, Servizos e Praias, Eulogio Constantino Castiñeira, e o edil de Xuventude, Festas e Medio Ambiente, Diego Soto Pereiro.

O alcalde de Laxe recibiu este luns ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quen visitou a vila mariñeira para coñecer o vehículo de cero emisións da brigada de obras que adquiriu o pasado ano polo Concello a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

O rexedor estivo acompañado polos concelleiros de Persoal, Obras, Servizos e Praias, Eulogio Constantino Castiñeira, e de Xuventude, Festas e Medio Ambiente, Diego Soto Pereiro.

Este automóbil facilita o traslado das persoas que forman parte da brigada de obras, ademais dos pequenos materiais que usan os operarios. Conta con aire acondicionado, parabrisas térmico ou asistente de arranque en pendente, entre outros extras.